AIRAS MONIZ

Airas Moniz, nace da inquietude de tres persoas que aman a súa terra e que queren demostrar que a través da súa paixón: o queixo, os animais e o mundo rural, se pode inverter a tendencia existente na actualidade do abandono deste.

Para iso contactaron con varias persoas referentes, tanto no mundo gandeiro coma no mundo do queixo, e así é como se toma a primeira decisión que vai facer que Airas Moniz sexa algo diferente.

A primeira decisión a adoptar é a DIFERENCIACIÓN.

Coma o primeiro trobador que existiu nas Terras do Asma e precursor das cantigas, Airas Moniz; Ana, Ricardo e Xesús son os primeiros en elaborar queixo con leite cru en pastoreo de vaca de raza Jersey da súa propia explotación, logo dun cambio drástico de modelo.

Dunha granxa intensiva referente en Galicia, centrada na xenética e alta produtividade dos animais de raza Holstein, Gandería Outeiro Holstein SC, pásase a un modelo completamente antagónico.

Cambio de raza e cambio de modelo, de Holstein a Jersey, de intensivo a extensivo: o pastoreo.

Cambio que levou o seu tempo, dende a idea inicial do proxecto até a súa posta en marcha, pasou un período de 6 anos que se fixo longo para os tres emprendedores.

Logo destes 6 anos, dende o ano 2011 até o 2017 podemos ver os resultados de decisións profundas, drásticas e ás veces traumáticas que, ben seguro, traerán grandes satisfaccións tanto no eido persoal coma no profesional.

Por fin podemos dicir que a ilusión do proxecto inicial se converteu nunha realidade. Baseándonos sempre nas seguintes premisas:

SOSTENIBILIDAD, FUTURO, NATURALEZA, CALIDAD y PASIÓN.