Inicio - Queixos - Terra

TERRA 2019-11-20T12:24:22+00:00
Loading...

TERRA

Queixo de pasta branda e codia comestible. Poder ser firme ou cremoso segundo a época do ano. Non se prensa. Virados manuais continuos e moito traballo tanto en cámara de aireado (2 virados diarios) como en maduración (virado cada 2 días). Mofos naturais debido a cava de maduración na que predomina o penicilium roqueforti sobre o penicilium candidum.

Destaca polo sabor intenso e cor amarela, que se ve suavizado ao comelo coa codia. A intensidade vai subindo a medida que ten máis tempo de maduración, pasando a ter moita máis intensidade cando a codia se vai poñendo amoniacal. Sorprende que a pesar de ser un queixo con sabor potente teña moi pouca materia graxa.

Materia graxa: 28%

Tamaños: 250 gr. e 800 gr.

PRODUTOS RELACIONADOS