OS NOSOS QUEIXOS
A “Queixería Airas Moniz” vén a demostrar a persistencia e o dinamismo dunha xeración nova de emprendedores que xestionan o seu porvir desde unha comarca depredada e en vías de desaparecer o enorme volume de produción de leite e carne vacún. O entusiasmo e a programación destes tres asociados, en investir en algo tan importante, autóctono e tradicional como é o queixo, non deixa de ser un acto de dignificación e coraxe, na transformación gandeira do noso país.
XOSÉ LOIS GARCÍA